Anualidade 2023-2024 – Proxectos Produtivos

EXPEDIENTE: L23‐1920‐07‐0244
PROMOTOR: MARÍA ISABEL VAL ARMESTO
LOCALIZACIÓN: Seadur (Larouco)

ORZAMENTO ACEPTADO: 435.215,07 €
PORCENTAXE AXUDA: 50 %
IMPORTE AXUDA: 200.000,00 €
CONSOLIDACIÓN EMPREGO: 1 UTA´s
CREACIÓN EMPREGO: 1,50 UTA´s

PENSIÓN “A RECTORAL DE SEADUR”

Descrición do proxecto:

O obxectivo do proxecto foi a reforma e acondicionar a edificación existente en Seadur para o uso como pensión de unha estrela, no seu conxunto composta por dúas edificacións (unha principal de planta baixa, primeira planta e baixo cuberta) e unha anexa a planta baixa con muros exteriores de canteira e cuberta tradicional de madeira e cubrición de pezas irregulares de loseta.
A finalidade do proxecto é o aumento de prazas de aloxamento e actividades no entorno natural e social, como rutas de sendeirismo polos lugares próximos, actividades de turismo activo (coordinado con empresas do sector implantadas no territorio), catas de viños organizadas en covas do lugar, visitas a viñedos (pequenas vendimas organizadas), talleres con elementos próximos e incluso axudar na recuperación de especies autóctonas perdidas por mor dos incendios en colaboración co concello de Larouco. Ademais de por en valor a produción de mel de gran calidade e tradición familiar, que se poderá adquirir xunto con produtos típicos da zona.